• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

TRES DO QUINTAL

RIVAS BRIONES

TRES DO QUINTAL
INV:
3358
Año de creación:
1975
Dimensiones:
128 x 98 x 0
Técnica:
Óleo sobre táboa

Comentarios

A obra, gañadora da medalla de prata na sección de pintura da Bienal de Pontevedra de 1975, parece reflexionar sobre a vida e o seu reflexo nun testán desexo do autor por retratar o cotián, o esencial da existencia para levalo ás súas obras.

Tres mulleres sentadas conversan como en calquera tertulia dunha tranquila tarde de verán. Son femias fortes, monumentais, con mans e pernas descomunais que rememoran a muller do campo, fermosa na súa sobriedade e firmeza. A súas vestiduras delatan a procedencia rural, traxes sinxelos, cabelos cubertos por panos e os pés espidos, ciclópeos que funcionan coma un elemento que as mantén unidas á terra, firmemente asentadas na realidade.

O autor practica cunha pincelada fragmentada, acoutando, coma nun crebacabezas, pequenos campos de intensa cor que ó unirse conforman una imaxe potente, de debuxo perfectamente definido, miguelánxelesco, pleno de volume e plasticidade. O contrastado xogo de luces e sombras introduce o concepto de espazo real, de contorno no que se sitúan as figuras suxerindo a presenza dunha porta exterior, de van polo que penetra a luz inundando a estancia.

O paso do tempo non parece afectarlles ás personaxes concentradas, posuidoras dunha fortaleza e sabedoría antiga expresada a través de xestos calados e afirmacións mudas.

Exposiciones

III Bienal Nacional de Arte. Agosto de 1975. Deputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra.

Reproducciones

Crespo Alfaya, M.; Pereira Figueroa, M.; Las Bienales. 1969-1981. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1987, páx. 247.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78