• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

FACHADA DE SANTA MARÍA

ALEX VÁZQUEZ

FACHADA DE SANTA MARÍA
INV:
3348
Año de creación:
1983
Dimensiones:
89 x 62 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo/táblex

Comentarios

A capacidade para retratar fachadas e edificios históricos de iconografía complexa como a igrexa renacentista de Santa María de Pontevedra reflicte a esmerada técnica do artista, a habilidade e curiosidade da súa mirada.

O seu traballo capta a trama estrutural e a calidade plástica da portada mediante unha interpretación arriscada pero efectiva, que consiste en presentar a obra nun único ton, nun cobreado aplicado directamente sobre o fondo cru do lenzo, outorgándolle á peza o aspecto dun bocexo, dun debuxo realizado con sanguina.

O autor fixa os perfís, encaixa perfectamente cada elemento, e cada detalle iconográfico é recoñecible. As variacións lumínicas, que reforzan a sensación de volume, descríbense mediante un tostado diluído, menos intenso, que discorre polos paramentos reforzando os ángulos, recollendo os matices da pedra e as sombras proxectadas pola rica ornamentación escultórica.

O aspecto final, de grande atractivo visual, rememora as trazas arquitectónicas de fábricas renacentistas, ou barrocas, nunha desinteresada homenaxe ós vellos mestres de obra. A fuxida da reprodución fidedigna achega unha perspectiva diferente, un enfoque cargado de arte e de historia.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78