BALCÓN DE LA PLAZA DE ESPAÑA
- INV:
- 3290
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 30 x 23 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre papel
Comentarios
A famosa praza de España, onde se atopa situada a Casa do Concello de Pontevedra, é un dos lugares máis emblemáticos e coñecidos da cidade por acoller o monumento erixido en honor dos heroes de Pontesampaio.
O sinxelo balcón de ménsulas graduadas destila o sabor antigo do casco histórico e conserva a beleza da arquitectura tradicional. A atención concéntrase directamente no enreixado de ferro ateigado de flores, de testos que enchen de cor a composición e deixan nun segundo plano o sobrio edificio de paredes desgastadas.
A prioridade outorgada ós vermellos, ós amarelos e ós azuis, tonalidades vivas e ledas, confiren un aspecto cálido e doméstico á escena. A plasticidade da natureza, a súa vitalidade, cáptase mediante un trazo impresionista que suxire sen definir as formas, que pretende insinuar máis que concretar.
O amor ós recunchos escondidos e ó paso do tempo resúmese nesta obra humilde, toda corazón que penetra na intrahistoria, no transcorrer lento e anónimo da vida cotiá.
Exposiciones
"Álex Vázquez". Do 23 de novembro ao 1 de decembro de 1992. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.