• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Paisaje distorsionado

ANTONIO QUESADA

Paisaje distorsionado
INV:
3261
Año de creación:
1983
Dimensiones:
26 x 32 x 0
Técnica:
Óleo sobre táboa

Comentarios

Fondo e materia fóndense nesta paisaxe que nace dos diferentes matices da cor e das formas, da suxestión e da mancha para alcanzar valores de beleza pura.

A sensación de bruma provoca que a natureza envolvente se distorsione ante a mirada como un líquido espeso que se derrete e dilúe. A intensa cor amarela, os tostados, os marróns, rememoran unha atmosfera outonal, un bosque animado de follas douradas polo sol.

A materia disponse con extremada delicadeza, en capas finas e lixeiras que permiten xerar transparencias, veladuras con tonalidades sorprendentes, realzadas pola base de madeira que respira a través do pigmento achegando o seu valor cromático e a súa textura rabuñada.

O resultado final orixina unha paisaxe moito máis anímica que real, e penetra nos complexos camiños da alma.

Exposiciones

"Antonio Quesada". Do 27 de maio ao 9 de xuño de 1983. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78