Comentarios
A ledicia do mar penetra violentamente a través da celosía do balcón inundando a estancia co azul da súa luz, acompañando o son da guitarra e o perfume das laranxas.
Matisse non se sentiría decepcionado ante esta peza de sabor flamenco onde a bondade da vida se transmite gozando da enerxía da cor e do dinamismo do trazo. O pincel actúa sen medo sobre o papel, impoñendo a súa forte personalidade e contendo as formas dentro de grosas liñas negras que apenas logran acalar o estoupido cromático, a combinación de tons enfrontados que crean unha composición vigorosa onde se exalta a paixón e o bulicio do verán.
EXPOSICIÓNS:
"Barreiro". Do 1 ó 10 de decembro de 1975. Sala de Arte. Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, Pontevedra.