ENTRE MUELLES
- INV:
- 3242
- Año de creación:
- 1991
- Dimensiones:
- 65 x 46 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
Non é necesaria a presenza da atmosfera nesta peza que é só mar e barcas, para retratar o traballo humilde e os costumes ribeiráns.Sen espazo de transición, o autor sitúa o espectador directamente sobre a escena, no peirao, provocando que algunhas chalanas queden fóra do encadramento da obra, cortadas polo obxectivo fotográfico que é o seu hábil ollo de artista.
A disposición en escorzo da dársena, situada cara á esquerda, consegue que a mirada, guiada pola selección de tons fríos, penetre no interior presentindo a inmensidade mariña. Os grises, azuis e verdes, como cores do mar, exercen un dominio absoluto e inundan o espazo compositivo no que case non se percibe o branco do papel e as sensacións lumínicas nacen da eclosión dos azuis que se reproducen en infinitas tonalidades para desvelar a verdadeira esencia da auga.