• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Proyecto de cartel

FERNÁNDEZ MAZAS

Proyecto de cartel
INV:
320
Año de creación:
1925
Dimensiones:
61 x 48 x 0
Técnica:
Técnica mixta/papel

Comentarios

O deseño baséase nunha representación tradicional da caridade. A muller, sentada nunha cadeira, constitúe, cos dous nenos, un bloque perfilado con harmoniosas curvas, de gusto modernista. O pronunciado contorno do conxunto, subliñado polo contraste do vermello, marelo e negro, crea un vigoroso efecto de plasticidade sobre o fondo liso do papel. O carácter simbólico da figura relaciónase co texto da parte inferior, escrito con letras tipográficas, "CAJA DE AHORROS", e debaixo a lapis, sen entintar, "MONTE DE PIEDAD MUNICIPAL DE VIGO",; á esquerda do texto atópase o escudo da cidade, un castelo con coroa, orlado nunha parte inferior con dúas ramas.

Exposiciones

"Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 do setembro de 1986, Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX.", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela; "Ausencias", Fragmentos da Arte Galega no século XX, A Coruña 1993. "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"O Cartelismo en Galicia, dende as súas orixes ata 1936", do 18 de febreiro ó 30 de marzo de 1999 na Sala de Exposicións Caixa Galicia en A Coruña, do 14 de abril ó 31 de maio de 1999 na Sala de Exposicións Caixa Galicia en Vigo, e do 16 de xuño ó 30 de agosto de 1999 na Sala de Exposicións Caixa Galicia en Lugo.

"A Galicia Moderna".Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela. Do 17 de decembro de 2004 a marzo de 2005. Círculo de Bellas Artes. Madrid. Do 14 de abril ao 22 de maio de 2005.

"Carteles para el Ahorro". Fundación das Caixas de Aforro. Madrid. Xuño 2005.

Reproducciones

"Arte Galega na Colección Caixavigo", Catálogo da Exposición; en Faro de Vigo, do 16 de maio de 1992, páxina 4; "Ausencias", Catálogo da Exposición, Deputación da Coruña, Endesa, 1993."Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 49.

"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 1, páxina 185.

 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78