BODEGÓN

- INV:
- 3157
- Año de creación:
- 1981
- Dimensiones:
- 24 x 29 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre táblex
Comentarios
O sentimento íntimo e relixioso que transmiten as naturezas mortas do Século de Ouro mantéñense nesta obra que sabemos que é contemporánea polo moderno do material e do deseño dos obxectos representados.O bodegón, minucioso e delicado, admite a soa presenza de tres pezas cotiás e vulgares, un azucreiro de plástico, unha cunca de duralex e unha palmatoria de cerámica situados nun primeiro plano, deixando tras si, un vasto fondo negro.
O autor recréase no detalle das formas, no estudo dos diferentes materiais e do comportamento destes perante a luz. A transparencia da cunca de cristal, descrita mediante certeiros toques en branco, vese reforzada polo predominio do negro tenebroso conseguindo que o azucreiro e a palmatoria se recorten como dúas nítidas siluetas sobre o baleiro.
A natureza silenciosa oculta un compromiso coa infancia e a memoria do artista que invoca, a través da austeridade e sinxeleza do enxoval, da súa realidade familiar, dos seus recordos da Galicia rural e eterna.