Oliva

- INV:
- 3147
- Año de creación:
- 1997
- Dimensiones:
- 12 x 14 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre papel
Comentarios
O minucioso resulta inquietante neste autor, cunha paixón polo detalle, polo fidedigno que o leva a impoñer a súa verdade, alterando o tema representado, trocándoo en algo enigmático e único.
O pequeno tamaño do bodegón contribúe a que o froito adquira unha dimensión grandiosa, dominando o centro dun espazo que lle pertence e que o xustifica por completo. A intensidade da súa cor verdosa destaca sobre o fondo negro e pardo, clara herdanza da estética tenebrista, empregando, como nun escenario, a luz puntual para extraer brillos da lustrosa superficie.
A esencia da vida parece estar contida na pequena oliva, absolutamente minúscula e, sen embargo, plena de significado e de forza. O seu compoñente simbólico adquíreo polo seu vínculo filial coa oliveira, emblema da paz e da sabedoría. A oliva representa a realidade transcendida, panteísta, sempre latente no mundo persoal de Giráldez que evoca, en palabras de Román Pereiro, "as cousas sacras do fogar e da terra".