• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA

Sin título
INV:
3130
Año de creación:
1995
Dimensiones:
140 x 140 x 0
Técnica:
Acrílico sobre lenzo

Comentarios

Tramas envolventes, sucesivas adentran o espectador na poética da autora, apaixonada polas formas enlazadas e as mensaxes agachadas.

A montaxe de multiples redes con ocos de diferente calibre, máis amplas, máis tupidas, conforman unha maraña na que a harmonía cromática acentúa o xogo da confusión. As mallas desiguais, finas e transparentes, se suceden sen que a equilibrada paleta de brancos, beixes, ocres e tostados, provoque rupturas. A superficie apenas delata a presenza do pigmento e a pincelada discreta permite que se xustapoñan as reixas flexibles conformando veladuras que deixan respirar as capas inferiores nunha progresión que parece non ter fin. O resultado, en palabras de J. M. Lens, supón, "un repertorio de formas que indican como construír-realizar e de estruturas que acoutan o lenzo en narracións que se escriben agora con pintura, agora con encaixe, letras, nós, cordas, filamentos, tramas ou novelos".

A vertixe álzase en narrador enganoso propoñendo lecturas e interpretacións opostas. A necesidade de fuxida, de liberación das asfixiantes tramas circulares, oponse á sedución hipnótica, atraínte da retícula arquitectónica que invita a realizar unha continua viaxe cara ó interior, cara ó infinito.

Exposiciones

III Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro". Museo Municipal Ramón Mª Aller Ulloa. 1997, Lalín, Pontevedra.

Reproducciones

III Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro". Museo Municipal Ramón Mª Aller Ulloa. Xunta de Galicia, Coruña. 1997, páx. 23.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78