• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

MENIÑA NÚA (ESTUDIO)

XOSÉ LUIS DE DIOS

MENIÑA NÚA (ESTUDIO)
INV:
3129
Año de creación:
1991
Dimensiones:
20 x 30 x 0
Técnica:
Tinta china e gouache sobre papel

Comentarios

O debuxo é un elemento de vital importancia na obra deste artista que o emprega como método de ensaio do seu mundo particular, cheo de soños e de historias.

A imaxe referencial da muller, que adopta unha postura hierática e sedente, eríxese na gran protagonista desta fábula descoñecida e enigmática.

O seu cabelo, abundante e espléndido, provoca que a súa cabeza adquira máis entidade co resto do corpo espido. Un delicado sorriso parece escaparse do rostro, de acentuado contorno, que proxecta sobre si mesmo un segundo perfil xerando a impresión de movemento. A súa atención diríxese cara ó pequeno trasno, trazado en vivas cores, que suxire a presenza da imaxinación e a esperanza. Coa súa aparición milagreira introduce a policromía e rompe co dominio da non cor na composición inundando o aire de sopridos vermellos, verdes, azuis e amarelos.

O debuxo concíbese con pincelada ampla, sen renunciar á mancha, describindo un fondo no que se distinguen diferentes intensidades tonais que captan a luz e reproducen a atmosfera sórdida, o habitáculo pechado e claustrofóbico na que a meniña, coma unha princesa de conto, está recluída.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78