• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

LODEIRO

Sin título
INV:
3090
Año de creación:
1991
Dimensiones:
65 x 54 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Ante os ollos do espectador preséntase unha vertixinosa ruleta que confunde os sentidos mediante a sucesión de intensas e fortes cores planas, ordenadas seguindo a fórmula maxistral dos seus últimos anos nos que Mondrian parece estar máis vixente que nunca. A rigorosa xeometría estrutura unha composición onde os tons cálidos dan paso ós fríos e cada cor ocupa unha casa perfectamente delimitada por unha grosa liña negra. O círculo central, dominado polo núcleo azul, xoga cos verdes, os amarelos e os vermellos que non interrompen o discurso da gama de fríos, determinantes no resto da proposta. A simplicidade da cor, que se limita ós primarios e secundarios, potencia a forza la linguaxe plástica, da abstracción ordenada e meticulosamente pensada que apenas se ve alterada pola presenza da pincelada convertendo a peza, en palabras de Mª José Ruíz Vázquez, nun edificio do espírito. EXPOSICIÓNS: "José Lodeiro". Do 10 ó 21 de setembro de 1993. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78