Comentarios
Unha grande árbore domina a composición sobre un fondo de paisaxe estructurada con bandas horizontais. O motivo, reducido a un esquema abstracto, con afinidades na súa forma a un dos inconos máis representativos do século XX, suxire enraizamento, equilibrio e vida, combinando tódolos ingredientes dunha boa técnica con eses valores extrapictóricos que lle dan atractivo á arte de Quesada.