Comentarios
Son as luces dunha paisaxe nocturna do que maxicamente o pintor borra todo o superfluo para deixar só un armazón xeométrico construído con cores. O artista mestura ceras naturais e pigmentos elaborando pacientemente a pasta pictórica. Crea as súas propias cores e, soñando con azuis e morados nos leva a fucsias, vermellos, alaranxados e marelos cunha linguaxe sintética que respira incitación e sentimento.