Comentarios
É unha vista da ribeira desde o mar cos pavillóns de empaquetamento ó fondo e as casas da cidade, diluídas pola luz sobre o ceo. No centro da composición sobresaen tres pesqueiras que se reflecten nas augas do primeiro termo que ese rompe nun arabesco de longas pinceladas fendidas e ondulantes, coma a propia superficie do mar que move a brisa ou o rastro que deixan os barcos ó pasaren.