Liñariña con cerezas
- INV:
- 2797
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 30 x 21 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre papel
Comentarios
Artista autodidacta, de liña inxenua, que se inspira na vida cotiá. Un debuxo elemental de trazos que siluetean as formas, que se conseguen a través dun cromatismo intenso entre cores primarias como o vermello, o amarelo e o azul, que experimentan coas luces e as sombras. As cores danlle vida ao cadro, viveza e harmonía.Unha pintura sen referencia académica, á marxe de estilos, normas estéticas e convencionalismos que poderiamos encadrar dentro da pintura naif. Unha obra fresca e de cor que interpreta a realidade dunha forma optimista, como se mirase a través dos ollos dun neno. Un personaxe da vida cotiá, real e próximo, con expresión ausente que nos invita a compartir soños.