CENTRO SOCIAL CAIXANOVA
- INV:
- 2768
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 109 x 205 x 0
- Técnica:
- pintura ecolóxica sobre lenzo de algodón.
Comentarios
A obra responde á característica deformación alegre da realidade coa que Velloso aborda os seus lenzos. Neste caso, o protagonista é o Centro Social Caixanova que albergou a mostra para a que foi creada esta obra, en xaneiro de 2004. Este emblemático edificio da cidade de Vigo convértese, na obra de Velloso, nunha máxica e sorprendente estrutura de burbullas.As cores planas e vivas xorden da aposta do autor polos pigmentos naturais mesturados de forma artesanal no que el chama pintura ecolóxica e que dá como resultado unha obra fresca, alegre, cualificada como pintura para todos os públicos.
Esta obra foi creada en decembro de 2003 expresamente para formar parte da exposición que o seu autor realizou no Centro Social Caixanova de Vigo, en xaneiro de 2004.