MÚSICOS PIANO ZANFOÑA
- INV:
- 2767
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 110 x 207 x 0
- Técnica:
- pintura ecolóxica sobre lenzo de algodón.
Comentarios
A obra responde á característica deformación alegre da realidade coa que Velloso aborda os seus lenzos. Neste caso, hai que engadir o motivo musical elixido, que provoca a aparición dunha liña sinuosa coa que se debuxa a obra enfatizando o ritmo como auténtico protagonista.As cores planas e vivas xorden da aposta do autor polos pigmentos naturais mesturados de forma artesanal no que el chama pintura ecolóxica e que dá como resultado unha obra fresca, alegre, cualificada como pintura para todos os públicos.
Esta obra foi creada en decembro de 2003 expresamente para formar parte da exposición que o seu autor realizou no Centro Social Caixanova de Vigo, en xaneiro de 2004.