Comentarios
Do latín Anachoreta e do grego Anakhoretes deriva Anakhoreo, ‘retírome’. O Anacoreta de Tono Galán evócanos un autorretrato emocional do artista, que considera o illamento unha condición necesaria para que o proceso creativo transcorra con fluidez. Nesta obra o protagonista permanece no centro, mentres os seus ollos se despregan ao longo do plano na busca das sensacións que lle poidan chegar ao seu redor. A cor case monocroma contribúe a crear esa sensación de illamento. A incorporación de elementos férreos alleos ao soporte de táboa achega un matiz corpóreo e real e confírelle á obra un maior dramatismo.