EL ÁRBOL PRIMERO
- INV:
- 2748
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 86 x 86 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre táboa
Comentarios
"El árbol primero" é unha delicada e sutil obra de Garaizábal Fontenla que nos somerxe nunha das súas propostas favoritas: o bosque. Un tema recorrente que plasma todo o espírito da súa pintura: a serenidade, a intimidade e a delicadeza. Unha paisaxe sinxela que evoca o ámbito de Galicia e a súa atmosfera.Disposición harmónica da obra na que destaca unha pincelada expresiva que configura un debuxo coidado no que se evita perfilar. Unha paleta rica en tons e matices onde o verde é a cor dominante.
Malia mostrarnos un espazo aberto, a luz elixida é atenuada, de sensación aveludada, fuxindo de todo exceso luminoso, colorista ou volumétrico. Observa a paisaxe para intentar transmitir sensación de calma, de sosego e de paz.