• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

SALVADOR CIDRÁS

SIN TÍTULO
INV:
2702
Año de creación:
1997
Dimensiones:
140 x 180 x 0
Técnica:
Pigmentos sobre papel

Comentarios

Cidrás é un autor comprometido coa actualidade, co contorno e, sobre todo, co home. A súa arte non foxe de cuestións sociais como a problemática urbana, a cultura, a incompatibilidade entre o natural e o industrial... temas presentados cunha mirada que madura e se enriquece de diversas vivencias nas que a experiencia das viaxes é primordial na súa poética.

A influencia de Londres é evidente na súa obra. A cidade convértese en centro de atención, interésalle como paisaxe arquitectónica para o que analiza e destila á metrópole ata reducila a estrutura, a unha linguaxe puramente lineal. Abandona o carácter obxectual, o formato de maqueta na que representaba o seu ideal de mundo habitable para se meter en propostas máis sintéticas e planas que, como sinala Severino Penelas, “deixan paso a esquemas urbanos máis arreferenciais, planos e grises, neutrais no seu afastamento”.

Como o propio autor explica, sobre grandes papeis tinguidos de azul imprime as pegadas da rede urbana fretando con ceras de amarelo fluorescente. O resultado final é dunha gran coherencia, exponse á representación dun espazo que resulta artificial, planificado, eliminado a idea de caos, de vertixe, de sucidade e superpoboación por mencionar algúns dos estigmas das megalópole do século XXI.

Exposiciones

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78