• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ORTU Nº 2

XURXO MARTIÑO

ORTU Nº 2
INV:
2697
Año de creación:
1999
Dimensiones:
44 x 78 x 0
Técnica:
Acrílico sobre madeira

Comentarios

A idea de crebacabezas, de imaxe elaborada, composta a partir de fragmentos, conséguese recorrendo á técnica da montaxe, manipulando o soporte de madeira para obter un volume real.

As pranchas, diferentes, irregulares, algunhas incluso esporteladas, vanse superpoñendo coma nunha colaxe para proxecta-la visión dunha rúa ascendente, dun recuncho urbano con sabor a pasado que se intúe na silueta do coche azul, nas fachadas coloristas e decadentes.

O sentido lineal, a limpeza e a xeometría do debuxo combínanse co cromatismo esvaecido, case plano e a pincelada discreta xerando unha sensación de irrealidade, de fición. As pezas en branco, aparentemente sen funcionalidade, son claves para suxeri-la luminosidade atmosférica imprimindo sombras no asfalto, guiando a mirada cara á calexa e incidindo no efecto de profundidade.

A percepción obxectiva da realidade disólvese, transfórmase en ambiente en, como sinala Varela Miñones, “chisco metafísico redobrado pola ausencia de figuras humanas e pola inmobilidade case pétrea dos obxectos representados”. A proposta convértese, polo tanto, nun territorio de evocacións, de escenarios diversos e fotografías revoltas que só cobran sentido ó tentar reconstruír unha paisaxe determinada, un lugar no mundo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78