• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PRANTA DAS CRUCES

PABLO ORZA

PRANTA DAS CRUCES
INV:
2691
Año de creación:
1999
Dimensiones:
130 x 122 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre madeira

Comentarios

Sobre unha base de madeira, unha árbore estende os seus cinco brazos espidos rematados en cruces. A imaxe resulta arrepiante e inquietante, chea de significados que remiten directamente á herdanza relixiosa pero tamén á cultural e antropolóxica.

A árbore descarnada nace das táboas de piñeiro nas que sobreviven as referencias da súa primitiva orixe natural ó tempo que manteñen signos da función á que foron destinadas. Conservan pegadas do seu uso como caixas, ¾grampas, puntas, cravos¾ que introducen unha nota de agresividade, elementos humanos que se fusionan co vexetal engadíndolle novos valores.

A superficie da obra non é lisa, manchada por gromos de serraduras, corda, restos de area, terra, goza da posibilidade de alterar e modifica-los efectos do verniz empregado como elemento cromático.

A árbore-man que estende as súas pólas rematadas en cinco cruces suxire a idea da totalidade, de enerxía irradiante e forza protectora. O número cinco simboliza o equilibrio e a cruz, cruce da vertical coa horizontal, representa a orde, ó centro do mundo e á orixe da existencia aludindo á súa vinculación coa árbore da vida.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78