• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ARQUITECTUACIÓN Nº 6 (VENTANA)

PABLO ORZA

ARQUITECTUACIÓN Nº 6 (VENTANA)
INV:
2690
Año de creación:
2002
Dimensiones:
75 x 64 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre tea de algodón e prancha metálica

Comentarios

A elección entre unha fiestra aberta ou unha pechada, a representación dunha ou doutra imaxe cambia radicalmente o sentido da proposta.

O van establece a presenza dun espazo de tránsito, de comunicación, invita a penetrar na obra, presenta unha ruptura de límites habitual na pintura clásica, un xogo entre a realidade e a ficción.

A ventá pechada maniféstase coma un límite, unha posibilidades aínda por explorar á que Orza se apunta. Constrúe a fiestra, non a representa, mediante elementos encontrados case ó azar, táboas que se articulan para simula-lo esqueleto das ventás de madeira que se amosan envellecidas, que suxiren a desidia, instalada na pintura descascada e no branco gastado polo tempo.

Os cristais substitúense por teas de algodón impedindo o traspaso da visión, eliminando todo albisco de curiosidade. O abandono faise palpable a través das manchas que, en forma de pintura branca, verde, gris ou amarela, caen libremente en chorros, en xestos desordenados e inconscientes que acentúan, aínda máis, a impresión de trapo, de traste, de cadro que se converte finalmente en fiestra grazas á mirada intelixente do espectador.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78