• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

ARQUITECTUACIÓN Nº 3 (PUERTO DE TLÖN)

PABLO ORZA

ARQUITECTUACIÓN Nº 3 (PUERTO DE TLÖN)
INV:
2689
Año de creación:
2001
Dimensiones:
78 x 91 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre tea de algodón e prancha metálica

Comentarios

A materia na obra de Orza perde a súa función orixinal, transfórmase, adquirindo novos valores e significados. As táboas, a corda, as teas, a grampas, rexeitan o seu carácter feble, efémero, para erixirse en enxeñería, en tremoia simuladora dun espazo construído, un porto aberto ó infinito poboado polos listonciños verticais de piñeiro que aluden á presenza de mastros, de veleiros atracados no peirao.

A luz preside a composición, eríxese en tema principal, unha luz de estío, dunha brancura recorrente, preludio dunhas vacacións nas que a non cor e a madeira se alían para conformar un todo semántico. A profundidade queda esbozada mediante os trazos desordenados que describen ondas suxerintes dunha atmosfera sufocante ou dunhas olas envolventes.

As referencias a Millares o Tàpies resultan ineludibles na proposta, pero nela habita a capacidade de evocar unha paisaxe mantendo un pulso co sentido, de remitir a ese mar salgado, a ese verán inesquecible que habita na memoria.

Exposiciones

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova".  Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78