• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RELIEVES Y CENIZAS A DOMINANTE HORIZONTAL

LEOPOLDO NÓVOA

RELIEVES Y CENIZAS A DOMINANTE HORIZONTAL
INV:
2688
Año de creación:
2000
Dimensiones:
82 x 102 x 0
Técnica:
Mixta sobre lenzo e madeira

Comentarios

A poética do material imponse nesta obra na que Nóvoa desvela a súa paixón polos elementos pobres, destacando a cinza, convertida case nunha obsesión persoal.

A superficie da tea non é uniforme, presenta diferentes niveis, xoga cos volumes e coas formas. Fronte á paisaxe de soidades dos extremos, nos que predomina a intolerancia dos negros, deseña un espazo medio de imaxes xeométricas que describen sinuosidades e accidentes xeográficos producidos pola policromía-masa resultante da amálgama de diversas materias como cinzas, tellas, anacos de madeira, tizóns, que animan a composición e a transforman nunha proposta menos austera, permitindo os contrastes de luces e sombras. A gran X incide nas sensacións lumínicas, pero, sobre todo, introduce a idea de interrogante, de pregunta dirixida directamente ó espectador.

Exposiciones

"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78