• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

DOMINANTE VERTICAL CON TRAZO OBLÍCUO

LEOPOLDO NÓVOA

DOMINANTE VERTICAL CON TRAZO OBLÍCUO
INV:
2687
Año de creación:
2002
Dimensiones:
131 x 91 x 0
Técnica:
Mixta sobre lenzo e madeira

Comentarios

A cor imponse como unha presenza ineludible, unha forza cunha intensidade que actúa coma un reclamo visual ó que é imposible permanecer indiferente.

Do fondo matérico, encarnado, emerxe unha forma xeométrica dun vermellón pleno, exaltado polo negro que delimita e describe o seu contorno. A forma adquire vida proxectándose cara ó exterior, xerando rañuras e fendas que simulan feridas que penetran na carne maltratada. Como sinala Ramiro Fonte, “nalgunhas das súas series recentes, Nóvoa representa a paisaxe atormentado da historia, as cicatrices dun século de conflagracións e morte”. A súa obra, polo tanto, non é pasiva, non persegue unicamente o estético senón que desexa transmitir dor, sufrimento, emocións tanxibles que palpitan a través da materia e a cor fusionadas nun todo coherente, nun conxunto de enerxías que insisten nos contidos semánticos.

Exposiciones

"Leopoldo Novoa". Círculo de Bellas Artes. Madrid. Do 27 de novembro ao 30 de decembro de 2003.Centro Social Caixanova. Vigo. Do 22 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2004. Sala de Exposiciones Caixanova Plaza San José. Pontevedra. Do 4 de marzo ao 4 de abril de 2004. Sala de Exposiciones del Aula de Cultura Caixanova. Ourense. Do 15 de abril ao 16 de maio de 2004.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78