SIN TÍTULO
- INV:
- 2685
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 201 x 201 x 0
- Técnica:
- Mixta sobre lenzo e bastonciños de algodón
Comentarios
O branco inunda o espazo compositivo creando unha superficie irreal, de soños de algodón, un campo de brotes suaves e inmaculados que florecen baixo a atmosfera límpida, capaces de inventar un territorio fronteirizo entre o bidimensional e o tridimensional.
A experiencia estética non se limita á planitude da tela senón que se estende ó aire que circula ó seu arredor xerando un halo invisible que a rodea e a traspasa. A proposta revélase coma unha escultura que penetra no dominio do espectador mediante os saíntes bastonciños permitindo, á súa vez, penetrar no seu interior a través dos cortes, das feridas no seu ventre.
As variñas-flor posúen un valor plástico en si mesmos porque provocan un volume, un espazo tanxible cara ó exterior e facilitan a aparición de sombra real, física, alterable en función da luz convertendo a peza en algo extraordinario, dotándoa do valor do relativo, do cambiante e mutable, do concepto de tempo real nunha obra de arte.
Exposiciones
"Leopoldo Novoa". Círculo de Bellas Artes. Madrid. Do 27 de novembro ao 30 de decembro de 2003.Centro Social Caixanova. Vigo. Do 22 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2004. Sala de Exposiciones Caixanova Plaza San José. Pontevedra. Do 4 de marzo ao 4 de abril de 2004. Sala de Exposiciones del Aula de Cultura Caixanova. Ourense. Do 15 de abril ao 16 de maio de 2004.