• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

GRAN FORMA NEGRA CON PERFORACIONES Y PINCHOTE

LEOPOLDO NÓVOA

GRAN FORMA NEGRA CON PERFORACIONES Y PINCHOTE
INV:
2684
Año de creación:
1998
Dimensiones:
260 x 195 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo e madeira

Comentarios

A superficie do díptico revélase coma un campo de experimentación, como unha escola na que se amosan todas as posibilidades da abstracción, dende o xogo coa xeometría ata a violencia explícita na perforación do lenzo e a introdución de corpos alleos que alteran a natureza bidimensional da proposta. O cicel xera un espazo máis alá do desenvolvemento plano do lenzo, unha ruptura dos límites físicos que multiplican as posibilidades estéticas e semánticas dunha obra formulada nun desenvolvemento ascendente. Os ocos e as rupturas permiten a comunicación, o traspaso do aire e a luz. Non existen fronteiras, é unha creación aberta que busca a fusión entre o visible e o invisible.

A sobriedade cromática emanada dos grises cinza e os negros, vencellado á monumental verticalidade da peza, posibilitan un diferente achegamento a esta, non coma un obxecto pictórico ou estético senón coma un elemento simbólico e conmemorativo que remite a estelas funerarias, a rituais primitivos.

Exposiciones

"Leopoldo Novoa". Círculo de Bellas Artes. Madrid.  Do 27 de novembro ao 30 de decembro de 2003.Centro Social Caixanova. Vigo. Do 22 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2004. Sala de Exposiciones Caixanova Plaza San José. Pontevedra. Do 4 de marzo ao 4 de abril de 2004. Sala de Exposiciones del Aula de Cultura Caixanova. Ourense. Do 15 de abril ao 16 de maio de 2004.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

Reproducciones

Lambert, J.C.; Nóvoa. Editions Cercle d´Art. París, 1999, páx. 147.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78