• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Serie Vigo

RAFAEL FREIJEIRO

Serie Vigo
INV:
2682
Año de creación:
2002
Dimensiones:
70 x 100 x 0
Técnica:
Acrílico sobre papel de periódico

Comentarios

A contemporaneidade do papel de periódico serve como base para que o autor despregue a súa particular visión do mundo, do seu contorno próximo, que é Vigo, cidade atlántica, dinámica e cambiante. O porto olívico preséntase sobre o fondo impreso que lle outorga un carácter diferencial, innovador, superando o tratamento convencional do tema. Semioculto pola atmosfera gris líquida, opaca, que se estende coma unha bruma pesada, a visión do peirao altérase coa disposición do cableado que introduce o compoñente da modernidade. A proximidade do núcleo urbano, do espacio densamente poboado reforza a impresión de profundidade convertendo a zona portuaria nun escenario de confusións onde os mastros, as embarcacións, a arquitectura conforman un todo de ritmos envolventes. A obra goza da precisión da pincelada que discorre sobre o soporte beneficiándose do xogo de manchas, do xesto medido que impón un ritmo rápido, dinámico, case desaliñado. O cromatismo neutro de grises e brancos inunda toda a peza seducindo cunha mirada irreal, transparente e, ó tempo, chea de forza e de luz onde as ondas cariñosas da auga brillan nunha paleta de prateados acompañados pola calidez de amarelos e rosados que ofrecen esa permanente sensación de luminosidade barutada pola néboa.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78