• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

CARLOS MORAGO

SIN TÍTULO
INV:
2678
Año de creación:
2002
Dimensiones:
65 x 81 x 0
Técnica:
Óleo sobre madeira

Comentarios

A sobriedade imponse nesta proposta onde a monocromía se converte no maior atractivo, no elemento que reforza a mensaxe poética, o xogo da memoria.

A mesa branca, que sostén un vaso de auga dunha transparencia cristalina, fúndese coa estancia leitosa e revélase como a gran protagonista da escena desprazando a porta de marco moldurado. No ascético interior, o intranscendente, o cotián se concentran e se espremen ata chegar a destilar a esencia do doméstico transformándoo nunha visión especial que reflicte a sabedoría e o extraordinario das pequenas cousas.

Destaca o concepto de liña, a xeometría e a limpeza no debuxo que contribúen a crear unha atmosfera melancólica, distante, reforzada pola uniformidade dominante do branco vello. A busca do equilibrio entre baleiros e cheos, a harmonía entre o vertical e o horizontal confirman a aposta por unha composición pensada, intelectualizada, na que se elimina toda referencia ó real, ó físico, onde practicamente non se percibe a pincelada de trazo fino e discreto.

Feita de silencios e de evocacións do pasado, a obra parece rescatar imaxes que perviven conxeladas no recordo.

Exposiciones

“Colectiva de verano 2002”. 2002. Galería Alameda, Vigo.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78