• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Mimí

QUESADA

Mimí
INV:
2657
Año de creación:
1996
Dimensiones:
61 x 50 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A posición da figura feminina, que amosa o lombo espido, nunha actitude coqueta e seductora, remite de inmediato ó mundo atrevido e desinhibido do París, captado por Toulouse- Lautrec, ás bailarinas do Moulin Rouge que, como Goulue, foron retratadas en innumerables ocasións polo pintor. O rostro serio da muller revela seguridade en si mesma, a consciencia e o convencemento do seu poder sobre o espectador. A selección cromática, intensa, case rechamante, incide na personalidade da personaxe, na impresión de liberdade, de incitación e de vida alegre. A pincelada impresionista adquire un valor fundamental e convertése nun elemento compositivo, discorrendo polo lenzo para xerar diferentes texturas que acompañan as feridas provocadas polos chorros e os goteos de pigmento. Os trazos varridos van conformando unha atmosfera envolvente e pesada, dominada por violetas, verdes, amarelos, laranxas, que somerxen a imaxe nun ambiente cargado de cheiros e sensacións evocadoras de tabaco, suor, sopor e desexo. EXPOSICIÓNS: "Fernando Quesada". Xuño de 2002. Club Financiero, Vigo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78