• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Elvirita

QUESADA

Elvirita
INV:
2656
Año de creación:
1998
Dimensiones:
55 x 47 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

A maxia volve a estar presente nesta obra chea de encanto que semella inspirada na pintura francesa de finais do século XIX, nas imaxes de melancólicas e desvalidas mulleres bebendo soas ante unha mesa. A mozo posúe un atractivo evidente, o seu cabelo rizado, dun vermello intenso, seduce de inmediato. A súa mirada pérdese nalgún punto indeterminado fóra do cadro mentres os seus brazos se apoian relaxadamente na mesa circular delimitada cun simple trazo. O contraste cromático, provocado pola combinación de verdes e vermellos, impacta nunha composición onde non se define o debuxo, non existe unha superficie nítida senón texturada, incluso grumosa, xerando un efecto borroso e distorsionado que lle confire á imaxe unha sensación de irrealidade e de fantasía, de ser que non habita no mundo real senón nun propio, construído, que lle permite amosarse totalmente indiferente e ausente. EXPOSICIÓNS: "Fernando Quesada". Xuño de 2002. Club Financiero, Vigo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78