RETRATO DE FAMILIA
- INV:
- 2655
- Año de creación:
- 1940 (Circa)
- Dimensiones:
- 60 x 50 x 0
- Técnica:
- Fotografía
Comentarios
De novo, a emigración podería ser o motivo de que esta familia pobre e humilde decidise, pese ós seus escasos recursos, facer unha fotografía.
Caamaño realiza o retrato fóra do seu estudio, posiblemente empregando como fondo os paramentos de pedra dalgunha igrexa. A avoa, vestida con touca e pano, é a figura central, rodeada polos cinco nenos e o adolescente, serio e celludo vestido con traxe e garabata.
Extraer unha historia a partir da fotografía non é difícil porque seguramente estamos ante un feito mil veces repetido, a dor dunha partida na procura dunha vida e dun futuro mellor. Posiblemente sexa o mozo de mirada transcendente o que estea decidido a emigrar, posando para realizar un retrato, para ter un recordo da súa desmembrada familia, na que falta un pai e unha nai. A forma de vestir, os cortes de pelo dos rapaces para evitar os parásitos, as miradas serias, a timidez ante a cámara, transmítennos a miseria, fronte a cal cumpría a necesidade de perseguir unha esperanza, aínda que esta se atopase na emigración.
Exposiciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Reproducciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 78.