• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RETRATO DE FAMILIA

RAMÓN CAAMAÑO

RETRATO DE FAMILIA
INV:
2654
Año de creación:
1930 (Circa)
Dimensiones:
50 x 60 x 0
Técnica:
Fotografía

Comentarios

O vehículo é, nesta fotografía, moito máis importante cós membros da familia porque ofrece unha maior información e describe perfectamente a vanidade, o desexo de resaltar o status social.

A disposición dos compoñentes do retrato é variada, o que lle confire ritmo e dinamismo á escena e ofrece, ó mesmo tempo, unha visión dos roles familiares tradicionais, a clara división entre os sexos. O pai, con sombreiro, aparece só ó volante como metáfora da situación de mando e de prestixio social que implica ser o cabeza de familia. Acompáñase dos seus seis fillos e da súa muller, sentada no asento traseiro en compañía das catro fillas, mentres que os dous rapaces se colocan de pé, ó lado da roda de reposto.

Como fondo, unha paisaxe rural, un contexto que parece contradicir a mensaxe de pretendida modernidade insinuada polo coche.

Exposiciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.

Reproducciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 77.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78