RETRATO
- INV:
- 2653
- Año de creación:
- 1932 (Circa)
- Dimensiones:
- 50 x 60 x 0
- Técnica:
- Fotografía
Comentarios
Nesta fotografía aúnase a paixón que o artista sentía polo futbol e o seu interese pola infancia. Os nenos foron obxecto de estudio por parte do autor, que retratou a nenez en todos os seus ambientes, na escola, no xogo, no traballo ... cunha gran sensibilidade.
O conxunto infantil preséntase ben equipado, os xogadores teñen cadanseu regulamentario, un balón de coiro, botas de fútbol, e o porteiro ata loce unha gorra tal e como se estilaba na época. A disposición rompe a estructura tradicional de dúas filas e presenta os cativos en tres niveis, sentados os cinco do primeiro plano, unha segunda fila de tres xogadores de xeonllos na terra, e os catro do fondo de pé. Os once xogadores de campo acompáñanse dun representante portando un estandarte, o distintivo do equipo.
Exposiciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.
Reproducciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 76.