RETRATO
- INV:
- 2652
- Año de creación:
- 1940 (Circa)
- Dimensiones:
- 50 x 60 x 0
- Técnica:
- Fotografía
Comentarios
A paixón que Caamaño sentía polo seu oficio levouno a entender a fotografía como algo máis ca unha profesión, como unha manifestación artística e documental, polo que se interesa non só nos retratos senón en captar a paisaxe, as xentes, os oficios ... cos que a súa obra resulta de enorme interese para realizar estudios históricos e etnográficos.
Nesta fotografía, efectuada fóra do estudio, nun contexto natural, como é propio do autor, retrata ós integrantes dunha banda de música nun día de foliada na aldea. Situándoos no mesmo enclave da festa, os músicos acompáñanse dos seus instrumentos e miran atentamente o obxectivo, conscientes do acto que están a realizar e do instante memorable que están vivindo. Diante, nun primeiro plano, o atril do director coa partitura preparada invita ó espectador a meterse na escena e erixirse como un inesperado mestre de orquestra.
Exposiciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.
Reproducciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 74.