RETRATO
- INV:
- 2651
- Año de creación:
- 1943 (Circa)
- Dimensiones:
- 60 x 50 x 0
- Técnica:
- Fotografía
Comentarios
A contemplación de fotografías antigas supón moito máis que rescatar do esquecemento a persoas xa desaparecidas, implica introducirse na intrahistoria, nas pequenas vivencias cotiás que falan das xentes, da estructura familiar, da vida.
O retrato desta familia, composta por seis membros e ó que lle falta o elemento masculino, o pai, sitúa o espectador ante dous problemas fundamentais na historia de Galicia, a emigración e a alta mortalidade dos mariñeiros nas zonas costeiras.
A nai, seria e vestida completamente de negro, preséntase sentada como unha matrona rodeada dos seus cinco fillos. A tristura das miradas delata o drama da ausencia, da emigración ou do falecemento da figura paterna nunha época onde estas eran as dúas causas máis habituais de desmembramento dos fogares galegos.
Caamaño coloca os protagonistas sobre o muro negro do seu xardín, que funciona como fondo neutro e traballa con luz natural. Crea un retrato íntimo e agrupado ó situar a nai como centro, como punto de equilibrio, acompañada da súa prole, vestida humildemente. As expresións son honradas e directas, non teñen nada que esconder e revelan por si mesmas a conmovedora situación que están a vivir.
Exposiciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.
Reproducciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 55.