• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RETRATO

RAMÓN CAAMAÑO

RETRATO
INV:
2649
Año de creación:
1936 (Circa)
Dimensiones:
60 x 50 x 0
Técnica:
Fotografía

Comentarios

O fondo telón do interior do pazo adquiriuno o artista en Barcelona en 1932 e empregouno ó longo da década dos trinta e ata nos anos corenta. Este decorado implica situar o retratado nun contexto ideal, nobre, dignificando non só a posible clientela senón a fotografía como arte ó aproximala á pintura.

Neste caso, dúas irmás xemelgas son as protagonistas deste retrato, que destaca pola súa absoluta simetría. De gran parecido físico, as mozas van vestidas con idénticas roupas e incluso adoptan a mesma postura. A cadeira funciona de elemento decorativo e introduce unha variante, aínda que non axuda a romper a rixidez das poses.

A mirada é desenvolta, non se senten intimidadas ante a cámara e amosan elegancia e aplomo no seu xesto, polo que se deduce que pertencen a un nivel social acomodado.

Exposiciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.

Reproducciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 34.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78