• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RETRATO

RAMÓN CAAMAÑO

RETRATO
INV:
2648
Año de creación:
1940 (Circa)
Dimensiones:
100 x 70 x 0
Técnica:
Fotografía

Comentarios

A orixinalidade da fotografía radica na estudiada composición que arroupa ó retratado, un mundo de teas que configuran unha escena cálida e moi ornamentada. O fondo telón é unha colcha empregada polo autor dende os anos corenta. O chan está cuberto por unha alfombra sobre a que se sitúa o cabaleiro, e, o seu lado, unha mesa con tapete. A posta en escena está máis coidada que nas fotografías de fondo neutro, de teas negras ou con muro, nas que buscaba descontextualizar a imaxe. Neste caso, os elementos de atrezzo enriquecen a fotografía engadíndolle maior interese visual.

O protagonista masculino, que centra a composición, está serio e ríxido, vestido con dignidade loce garabata e abrigo. A man no peto rompe a simetría da imaxe, o que lle confire un aspecto máis elegante, menos monótono, sen que por eso o retrato perda a sobriedade que esixe un obxecto que será un recordo, posiblemente o dun emigrante que regresa a América.

Exposiciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.

Reproducciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 49.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78