• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RETRATO

RAMÓN CAAMAÑO

RETRATO
INV:
2647
Año de creación:
1940 (Circa)
Dimensiones:
100 x 70 x 0
Técnica:
Fotografía

Comentarios

O artista coloca os tres fillos dunha mesma familia para realizar un retrato, situándoos nun contexto natural; o propio patio do fotógrafo convertido en estudio ó aire libre, onde se aprecia o chan de terra e o muro de pedras, que funciona como telón de fondo, aínda sen o revoco que lle dará con posterioridade.

A disposición, moi harmoniosa, preséntaos de maior a menor. Os rapaces van vestidos coas mellores galas, e destaca a moneca exhibida como un trofeo, un elemento de clase, ó non ser un xoguete demasiado común e dificilmente asequible.

A austeridade formal é unha constante na obra de Caamaño, que investiga coa luz natural e traballa sen recargar a escena, buscando o esencial e destaca, neste caso, a tenrura coa que retrata os nenos por encima de calquera nota ambiental.

Exposiciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San José, Pontevedra.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.

Reproducciones

“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 24.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78