RETRATO
- INV:
- 2646
- Año de creación:
- 1928 (Circa)
- Dimensiones:
- 100 x 70 x 0
- Técnica:
- Fotografía
Comentarios
É difícil substraerse á mirada nobre e tranquila desta fermosa muller situada ante a cámara para realizar, posiblemente, o primeiro retrato da súa vida. Vestida coa súa mellor roupa, disponse frontalmente, mirando ó obxectivo con confianza, esbozando un leve sorriso. Como fondo, o autor inclínase por un telón escuro e moi sinxelo, consistente en tres teas unidas, que usará ata finais dos anos vinte e que lle permite individualizar o retratado, convertelo no exclusivo centro de atención.
A sensación de hieratismo e rixidez correspóndese co acto solemne que se está a realizar, o feito de “facerse unha foto” implica un acontecemento de gran relevancia na vida dunha persoa. As limitacións técnicas e o emprego da luz natural súmanse á austeridade da posta en escena. A sobriedade do telón refórzase coa humildade do chan de terra da horta do fotógrafo, o seu estudio, que acadando na imaxe unha grande impresión de verdade, de humanidade directa.
Exposiciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 28 de febreiro ó 7 de abril de 2002. Centro Cultural Caixanova, Vigo.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 12 de abril ó 12 de maio de 2002. Praza San Xosé, Pontevedra.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Xuño de 2002. Sala de Exposicións Caixanova, A Estrada.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 27 de xuño ó 28 de xullo de 2002. Casa do Escudo, Verín.
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Do 31 de xullo ó 1 de setembro de 2002. Casa da Cultura, Gondomar.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Reproducciones
“Ramón Caamaño. Retratos da Costa da Morte”. Centro de Estudios Fotográficos, Caixanova. Vigo, 2002, páx. 15.