RETRATO FEMENINO
- INV:
- 2639
- Año de creación:
- 1961
- Dimensiones:
- 54 x 41 x 0
- Técnica:
- Carboncillo sobre papel
Comentarios
Os bosquexos a carboncillo servíanlle a Rafael Alonso para introducirse no interior do retratado, realizábaos como un estudio previo, un ensaio do traballo final.A forte personalidade da personaxe feminina que se impón por riba dos límites formais da técnica e do material, revela a intuición do autor para ofrecer, en palabras de Francisco Pablos, “sínteses de vidas, afondamentos en caracteres, psicoloxías rotundas”.
O óvalo está perfectamente definido mediante un trazo profundo que enmarca toda a cara. O carboncillo actúa como un lector sensible das faccións, do pelo, da mirada mediante un trazo analítico que se torna groso e curvado para detallar as ondas do pelo, firme para captar a nariz e a boca, algodonoso para atrapar o respirar da pel. O lixeiro sombreado determina os niveis de luz e sombra para lle ofrecer cor e vida ó rostro de mirada penetrante.