• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

AUTORRETRATO

RAFAEL ALONSO

AUTORRETRATO
INV:
2638
Año de creación:
1944
Dimensiones:
31 x 24 x 0
Técnica:
Acuarela sobre papel

Comentarios

Posiblemente esteamos ante unha das primeiras acuarelas realizadas polo autor que, como excelente retratista, se expón a si mesmo como exemplo da súa gran capacidade para captar os trazos e a ánima. Os grandes ollos revélanse como o elemento máis expresivo, convértense na palabra traducida nunha mirada intensa.

A posición a contraluz converte a obra nun estudio de luces e sombras. O busto, perfectamente simétrico e frontal, estructúrase en dúas partes claramente diferenciadas gracias ó intenso foco luminoso que penetra pola esquerda. As tintas delimitan cromaticamente os diversos niveis predominando cara á dereita os tons azuis e verdes, mentres que na esquerda se impón o rosa, o branco e o azul celeste.

O debuxo é excesivamente minucioso e descritivo, o que se explica pola xuventude do artista. Estudia con detalle o cabelo, a mirada, a pel, matizada incluso mediante un fino sombreado realizado a lapis. Sen embargo, o fondo descríbese con amplas bandas de cor fría que non chegan a fusionarse e insisten na traxectoria da luz.

A disposición do rostro a contraluz reviste o autorretrato de misterio e provocación, que se acentúa con observación directa ó espectador, e a cella arqueada nunha actitude entre expectante e retadora.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78