GRAND EGLISE A PONTOISE
- INV:
- 2634
- Año de creación:
- 1953
- Dimensiones:
- 42 x 32 x 0
- Técnica:
-
Rotulador sobre papel
Comentarios
O debuxo é o resultado da visita de Rafael Alonso á cidade francesa de Pontoise, pertencente ó departamento do Sena, onde o autor plasmou un dos seus monumentos como recordo de súa estancia.A visión do edificio ofrécese fragmentada, nun escorzo que simula un encadre novidoso coma o dunha instantánea fotográfica pero que, sen dúbida, se inspira en Monet, na súa serie de As catedrais de Ruán, na que o artista francés estudiou as variacións da luz sobre a fachada da catedral.
O interese de Rafael Alonso, igual ca Monet, céntrase no xogo de luces e de sombras sobre a superficie do edificio. Resalta os elementos decorativos, os motivos ornamentais coma o rosetón e os pináculos con fronde, e incide nas sensacións atmosféricas. O trazo do debuxo é nervioso e entrecortado para describir con máis exactitude a vibración da luz e acadar un resultado final plástico, próximo ás obras impresionistas, captando a pel dun edificio vivo, cambiante e en movemento.