• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Bodegón con marina

RAFAEL ALONSO

Bodegón con marina
INV:
2619
Año de creación:
1991
Dimensiones:
50 x 73 x 0
Técnica:
Acuarela sobre papel guarro

Comentarios

A obra é un exemplo da liña creativa desenvolta nos últimos traballos do autor. Rafael Alonso comezara a investigar no tema dos bodegóns a mediados dos anos setenta, un motivo de grande interese para o artista e a través do cal resulta moi gráfica a súa evolución plástica. Sobre unha mesa longa, disponse, desviado cara á dereita, un floreiro e un pequeno bodegón composto por tres mazás colocadas sobre un manteliño branco. De fondo, substituíndo a habitual fiestra aberta ó mar, presenta unha mariña con dous veleiros, introduce o xogo de cadro dentro do cadro que marca diferentes niveis de profundidade. A presencia de floreiros que tenden á esquematización tamén é unha constante. Nas flores, a simplificación formal levarao a empregar unha soa gama cromática, neste caso o verde escuro, enriquecido con pequenas notas en negro e azul. Na composición podemos apreciar a valoración do branco como cor ó empregala coma base das mazás e como passe-partout da mariña. O descubrimento e a incorporación desta cor é xa evidente desde 1979, ano en que o autor declara que o branco pode ser "a cor imperante". Sen embargo, o impacto visual producido polo vermello da embarcación xorde, en opinión de Beatriz de San Ildefonso, pola influencia que terá o pintor Desidé no seu traballo. A selección cromática é moi parca, redúcese a grises-azulados, verdes, brancos e marróns, con algunhas notas en vermello e amarelo; por esto, o estudio da luz, que penetra pola esquerda, revélase como un factor fundamental para enriquecer a obra inundando de claridade este espacio intimista e familiar cheo de encanto. EXPOSICIÓNS: "Rafael Alonso". Maio de 1991. Galería Saira, Vigo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78