• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Enredo

ALMUDENA FERNÁNDEZ FARIÑA

Enredo
INV:
2596
Año de creación:
2001
Dimensiones:
196 x 196 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre tea

Comentarios

A obra somerxe ó espectador nunha realidade envolvente, nunha paisaxe que parece xurdida das entrañas, que se expande e se estende máis alá do lenzo.

A diferencia de creacións anteriores, nesta peza non existe a obsesión por cubrir todo o espacio pictórico, é unha obra máis sosegada e lírica onde, sobre o fondo branco e neutro, se dispón unha cadea enroscada, enlazada sobre si mesma, que recorda ó punto tecido, a sogas enredadas.

O volume está plenamente acadado, os cordóns son case táctiles e flotan sobre o fondo. A factura da pincelada é acabada, liviá, acaricia a superficie do lenzo descubríndose, en moitos casos, o trazo do debuxo, dos ensaios previos realizados pola autora. As tonalidades empregadas, os ocres, os marróns, os amarelos, describen modulacións cromáticas producidas pola luz sobre os filamentos meándricos que, no seu discurso laberíntico, conseguen un efecto case tridimensional.

A súa vinculación orixinal coa escritura evolucionou cara á recreación de tramas construídas, de cordas anoadas e fíos trenzados vistos a través da lente dun microscopio que se descolgan polo papel compoñendo un poema cunha fermosura que reside, como sinala a autora cando fala das súas propostas, en que "constrúen unha realidade onde non importa que teñan sentido ou que teñan todos os sentidos á vez, onde significan o que cada un queira que signifiquen".

Exposiciones

"Arco 2002". Do 14 ó 19 de febreiro de 2002. Galería de Arte Contemporáneo VGO. Palacio de Exposiciones Juan Carlos I, Madrid.

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002.  Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78