• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Corazón, andamios y cristales

TONO CARBAJO

Corazón, andamios y cristales
INV:
2591
Año de creación:
1999 - 2002
Dimensiones:
195 x 200 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

En Tono Carbajo, o soporte é un campo de acción e de experimentación onde conviven múltiples interpretacións. O amor, o desamor, a muller, a fecundidade poderían ser os temas desta peza na que forma e cor constrúen unha realidade que é toda corazón, unha escenografía visual que representa as dificultades e os esforzos do xogo amoroso.

Sobre o lenzo espido concibe un corazón, trazado a lapis, dunha inmaculada pureza que resalta nun contorno negro e desamañado. Os materiais extrapictóricos, os arames que configuran as estadas e os tres cristais pegados ó soporte son elementos fundamentais que inciden no valor semántico e plástico da obra. Os ferros proxéctanse cara ó exterior do lenzo aumentando o campo visual da obra que segue aferrándose a valores tradicionais, a forza e intensidade da brochada, do xesto, ó que se une, como o propio artista define, "o concepto de ensamblaxe, unha forma radicalizada de collage. É esta unha ferramenta que reflicte á perfección a realidade na que nos desenvolvemos, constituída por unha mestura caótica de elementos multiculturais, polisémicos e, ás veces, contradictorios".

A monocromía é un factor clave na lectura dunha composición na que non existe, coma no amor, o termo medio, só branco ou negro e, fronte á non cor, o vermello intenso, roto e fragmentado dos cristais simbolizando a paixón, a dor, o sentimento extremo.

Os andamios escalan cara ó corazón, inventan escaleiras, estratexias e subterfuxios para chegar directamente ó centro, ó simbólico interior no que poder asentarse e colocar unha cadeira que é noso dominio e noso espacio na alma do ser amado.



EXPOSICIÓNS:

"VI Mostra Unión Fenosa". Xullo-agosto de 1999. A Coruña
"Tono Carbajo". Decembro-xaneiro 2002. Galería de Arte Contemporáneo VGO, Vigo.



REPRODUCCIÓNS:

"VI Mostra Unión Fenosa". Madrid, 1999, páx. 205.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78