• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PASEO ALFONSO (SERIE VIGO)

RAFAEL FREIJEIRO

PASEO ALFONSO (SERIE VIGO)
INV:
2584
Año de creación:
2001
Dimensiones:
52 x 72 x 0
Técnica:
Acrílico sobre cartón

Comentarios

A Serie Vigo supón un reto e unha innovación abrindo un novo camiño de experimentación no traballo do autor, que nunca antes se achegara á paisaxe cunha mirada tan certeira e espida.

Sobre a base de cartón, Rafael Freijeiro desprega a súa visión da cidade de Vigo, que se presenta como unha urbe gris, nebulosa, chea de misterio.

A composición goza en todo momento do ton acartonado do fondo sobre o que o debuxo, de trazo firme e seguro, describe minuciosamente os diferentes enclaves simbólicos e representativos da cidade olívica.
As cores empregadas redúcense ó branco, o gris e o negro. O branco retrata a paisaxe e os edificios deixando respirar a base mentres que o gris, plomizo e denso, domina o aire conferindo á atmosfera da cidade un aspecto cargado e espeso. A sensación de luz queda conseguida polo emprego de cores claras e o xogo ondulado do cartón de fondo.

O debuxo sostén a obra, a liña capta a verticalidade da arquitectura, o conglomerado de embarcacións na zona portuaria, a vexetación do Castro, pero é a cor a que define realmente a serie, case a non cor coa que o autor recrea a cidade outorgándolle, a pesar do ton gris que correspondería a unha urbe moderna e industrial, un aspecto etéreo e poético, a realidade dun Vigo Atlántico.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78