Comentarios
Como o propio autor sinala, ante unha obra sempre se fan preguntas, sempre xorden a interrogación e a dúbida.
A curiosidade e a indagación acentúanse aínda máis ante esta obra enigmática, pintura pura que se xustifica por si mesma, onde as impresións resultantes da combinación da materia e a cor son as verdadeiras protagonistas.
Ó igual que unha paisaxe descoñecida e etérea, as formas nacen da propia tea, os verdes e os amarelos compoñen burbullas emanadas da superficie do lenzo, concibido como un espacio de indagación e investigación, esponxoso e de intensa beleza.
EXPOSICIÓNS:
"Castro Muñiz". Xuño de 2001. Galería Alameda, Vigo